luns, 30 de marzo de 2015

VERTIFIL e CELTIC ESTORES

A última saída que fixeron os alumnos de cuarto foi o pasado xoves 26 de marzo a dúas empresas locais:  VERTIFIL e CELTIC ESTORES.
VERTIFIL é unha empresa textil onde elaboran un fío de gran resistencia que logo usan para crear tecido. Ese mesmo tecido utilízano en CELTIC ESTORES para fabricar cortinas e estores.
Pero, sabías que VERTIFIL é hoxe por hoxe unha das empresas de téxtiles técnicos máis avanzada de Europa? E está, nada máis nin nada menos, en MORAÑA.
Proba da nosa visita son estas dúas fotografías:



Para todos os demáis nenos e nenas que non foron a visita e para os que vos apeteza volver a velo, botádelle un ollo a este vídeo.

venres, 27 de marzo de 2015

A hora do planeta

Este sábado 28 de marzo, ás 20.30 h (hora española), persoas, cidades, monumentos emblemáticos e empresas de todo o mundo apagarán as luces durante unha hora para chamar a atención sobre a ameaza do cambio climático. 
Xa se sumaron case 10.000 cidades de 172 países; participa ti tamén e apaga as luces para mostrar o teu compromiso por un futuro mellor .

 Úneste?


Maquetas

Estas son as maquetas que fixeron os nenos/as de 4ºA representando as diferentes épocas: prehistoria, idade antiga (romanos e exipcios), idade media, idade moderna e idade contemporánea.
Fixéronas con moito esforzo e traballo, tardaron moito pero fixéronas moi ben.

Aquí están as fotos das maquetas: 


Recoñecedes as máquinas simples e as máquinas compostas que aparecen nas maquetas? 
A volta de Semana Santa descubriremos o segredo.

Engranaxes


Mirade que bonitos quedaron os engranaxes !

Os materiais que necesitamos son: 
  • Cartolina e punzón
  • Regra, lapis e goma
  • Un vaso de plástico e palillos
  • Cola e pinceis
  • Ceras e plastilina
Seguide estes pasos para ter unha caixa moi fermosa:

  • Marcamos e recortamos un marco de cartolina para facer a caixa e catro círculos co vaso de plástico.
  • Partimos catro palillos a metade e pegámolos entre dous círculos. Facemos o mesmo cos outros dous.
  • Despois poñemos os paos polos buratos que faremos no medio das engranaxes.  
  • Por último, debuxamos unha figura o noso antoxo e pegamola no pao vertical.                                                                                      
                                                                                             
     

































     Autor sonido: Sonart Audio S.L.

mércores, 25 de marzo de 2015

Máis sobre as máquinas

Aquí podedes encontrar varios enlaces sobre as máquinas: xogos, información e actividades.

No xogo de Mechanics tedes que poñer engranaxes intentando coller as estrelas e facendo que funcione a bombilla.
Na outra páxina encontraredes actividades, información e un test.

Esperamos que vos gusten.


martes, 24 de marzo de 2015

As máquinas

Se clicas nestes vídeos verás que son moi divertidos e que aprendes moitas cousas sobre as máquinas.
Representan as máquinas simples e un vídeo é de máquinas compostas. 


martes, 17 de marzo de 2015

Eclipse solar

Como xa saberedes, durante a mañá do vindeiro venres 20 de marzo, poderase observar unha eclipse parcial de Sol dende España (tamén dende outros puntos). Non é mala forma de despedir o inverno ou a vós que vos parece? 
Ademais, temos a sorte de que esta vez o mellor lugar de España para ver o eclipse é GALICIA!! 
Pero... pódese ver directamente a eclispe sen ninguhna protección?  NOOON, claro que non.

Estas son as precaucións que debedes tomar para ver unha eclipse:
  • NUNCA debemos observar o Sol directamente, A SIMPLE VISTA, porque pode provocarnos lesións oculares moi graves.
  • As eclipses solares só deben observarse directamente con LENTES ESPECIAIS compradas nunha óptica. Nunca deben usarse espellos nin anacos de vidro ahumado, radiografías, cámaras ou vídeos, instrumentos ou telescopios que non estean preparados para iso.
  • Un MÉTODO SEGURO para observar unha eclipse solar é PROXECTAR A SÚA IMAXE. Podemos facelo da seguinte forma:
    Colle unha caixa de cartón alargada e nun do seus lados máis curtos recorta un cadrado. Nel pega un  trozo de papel de aluminio e faille un burato no medio cunha agulla ou a punta dun boli. No interior do outro lado curto da caixa pega unha folla branca (aquí proxectarase a luz do sol que entre polo burato).No extremo inferior, pegado a onde colocaches a folla branca, recorta un rectángulo (por aquí poderás mirar a luz que se proxecta na folla). No momento da eclipse apunta o lado onde está o papel de aluminio cara ao Sol.
    Este método sempre se debe utilizar EN PRESENZA DUN ADULTO.
     


Para máis información consultade o seguinte enlace no que tamén encontraredes a hora exacta da eclipse en cada municipio:


E se queredes ver a eclipse en directo dende internet accedede a esta páxina:


Para non esperar ata o venres esta animación ilustra o desenvolvemento da eclipse en Galicia.