Como xa saberedes, durante a mañá do vindeiro venres 20 de marzo, poderase observar unha eclipse parcial de Sol dende España (tamén dende outros puntos). Non é mala forma de despedir o inverno ou a vós que vos parece?
Ademais, temos a sorte de que esta vez o mellor lugar de España para ver o eclipse é GALICIA!!
Pero... pódese ver directamente a eclispe sen ninguhna protección? NOOON, claro que non.
Estas son as precaucións que debedes tomar para ver unha eclipse:
- NUNCA debemos observar o Sol directamente, A SIMPLE VISTA, porque pode provocarnos lesións oculares moi graves.
- As eclipses solares só deben observarse directamente con LENTES ESPECIAIS compradas nunha óptica. Nunca deben usarse espellos nin anacos de vidro ahumado, radiografías, cámaras ou vídeos, instrumentos ou telescopios que non estean preparados para iso.
- Un MÉTODO SEGURO para observar unha eclipse solar é PROXECTAR A SÚA IMAXE. Podemos facelo da seguinte forma:
Colle unha caixa de cartón alargada e nun do seus lados máis curtos recorta un cadrado. Nel pega un trozo de papel de aluminio e faille un burato no medio cunha agulla ou a punta dun boli. No interior do outro lado curto da caixa pega unha folla branca (aquí proxectarase a luz do sol que entre polo burato).No extremo inferior, pegado a onde colocaches a folla branca, recorta un rectángulo (por aquí poderás mirar a luz que se proxecta na folla). No momento da eclipse apunta o lado onde está o papel de aluminio cara ao Sol.
Este método sempre se debe utilizar EN PRESENZA DUN ADULTO.
Para máis información consultade o seguinte enlace no que tamén encontraredes a hora exacta da eclipse en cada municipio:
E se queredes ver a eclipse en directo dende internet accedede a esta páxina:
Para non esperar ata o venres esta animación ilustra o desenvolvemento da eclipse en Galicia.


Yo no pude ver el eclipse ):
ResponderEliminarO punto máximo da eclipse foi sobre as dez pero aínda estás a tempo de vela xa que finaliza sobre as once.
EliminarEu si que fun ver a eclipse e é bastante espectacular. Alguén máis a veu?
Eu non o pude ver
Eliminar