xoves, 30 de abril de 2015

Día do libro

Con motivo do día do libro, que se celebra o día 23 de abril, estivemos creando contos nos que aparecen grandes personaxes da literatura. 
Supoño que vos preguntaredes que pernonaxes son, pois aquí os tedes:



































































































































Sóanvos? 

Agora que sabedes quen van ser os protagonistas dos nosos contos, non vos perdades estas catro historias (sobre todo se vos gusta a aventura):



 





venres, 24 de abril de 2015

Idade contemporánea

A idade contemporánea empeza na revolución francesa pero aínda non acabou.
Nesta época desenvolvéronse as fábricas e os comercios. Construíronse ferrocarrís e fixéronse máis grandes as cidades.
Na nosa maqueta hai estas máquinas simples:
  • Roda (nos coches) para mover algo con máis facilidade.
  • Polea (na grúa) para levantar algo pesado.
Grazas as máquinas é máis fácil o traballo no campo. Antes traballábase con animais e agora con tratores e outras máquinas.
Na nosa maqueta aparecen as seguintes máquinas simples: panca, roda, cuña e torno.



















luns, 20 de abril de 2015

Idade moderna

A idade moderna empezou no descubrimento de América en 1492 e acabou na revolución francesa. Foi Cristobal Colón quen a descubriu levando tres barcos: Santa María, Pinta e Niña. Esta época tamén se caracteriza polos inventos como: a carabela, o compás e a imprenta.
Na nosa maqueta podedes encontrar máquinas simples como: o torno dentro do pozo.


venres, 17 de abril de 2015

Idade media

A idade media vai dende a caída do imperio romano ata que Cristobal Colón descubriu América en 1492.
Nesta época construíronse castelos, mosteiros, catedrais e igrexias.
Na idade media existía un sistema feudal que se pode representar con unha pirámide de poder estando arriba o rei e abaixo os campesiños:        
                                                                   -
                                                               -      - 
                                                           -     rei     -
                                                        - ------------ -
                                                     -         nobres        -
                                                  -    señores feudais   -
                                               -     clero      cabaleiros    -
                                            -  ---------------------------  -
                                         -       artesáns      campesiños     -
                                      -  -----------------------------------  -        
                                            
No castelo vivían os reis, señores feudais, nobres e cabaleiros. Nos mosteiros vivían o clero, os campesiños
en aldeas e os artesáns en vilas.
Nesta maqueta como máquinas simples temos: a cuña na hacha, e na catapulta a roda e a panca.


 


luns, 13 de abril de 2015

Idade antiga

A idade antiga empezou coa escritura e acabou ca caída do imperio romano.
No imperio romano había diferentes tipos de construccións, como as murallas que servían para protexer a cidade, acuedutos para transportar auga e outros edificios para divertir aos romanos (anfiteatros, teatros, circos e termas). Algo que tamén  facían  era ir aos templos a rezar .
Na nosa maqueta puxemos dous tipos de tornos, un para alfarería e outro para o pozo. O carro utiliza a roda e as puntas das lanzas utilizan a cuña. 

Na época dos exipcios vivían ao lado do río Nilo onde cultivaban plantas cando o caudal estaba baixo. As pirámides estaban feitas de pedras moi grandes que iban esculpindo e servían para meter ao faraón xunto cas súas cousas máis valiosas. O faraón era a persoa con máis poder. Tamén tiña exército e escravos para os traballos pesados. 
Na nosa maqueta podemos encontrar máquinas símples como a cuña nas lanzas e o plano inclinado que usaban para subir mellor as pedras da pirámide.







venres, 10 de abril de 2015

Prehistoria

Vámosvos falar da prehistoria.
A prehistoria comezou na orixe da humanidade e acabou ca invención da escritura. Nesta época, os humanos empezaron a vivir en covas. Alimentábanse recolectando, pescando e cazando. Para cazar ou pescar facían armas de óso, pedra ou madeira.
Máis tarde, viviron en tendas formando poboados. Tamén empezaron a domesticar animais e a cultivar. Ao final da prehistoria fixeron ferramentas de ferro e fabricaron cerámica. Ademais descubriron o lume.

Nas nosas maquetas podemos encontrar a seguinte máquina simple: a cuña que a usaban, por exemplo, para cazar ou pescar.