Durante o curso, a clase de 4ºA, realizou diferentes actividades plásticas:
- ARTE ABSTRACTA, para que nos entendamos, eses debuxos que non parecen representar nada pero que en realidade expresan os sentimentos e emocións do artista. Kandinsky e Pollock son pintores abstractos.
- PICASSO, gran pintor español. O seu arte pasou por varias etapas. No seu período rosa pintaba con cores cálidas e no seu período azul, pintaba con cores frías.
Sobre todo é moi coñecido polas súas obras cubistas nas que se sae do tradicinal usando formas, cores e perspectivas distintas da realidade.
- GAUDÍ, outro gran artista español. Usaba unha técnica chamada "trencadís"; cubría algunhas das súas obras con pequenos trozos de restos de cerámica coma se fose un mosaico.
- VAN GOGH, famoso polas súas pinturas impresionistas con as súas pinceladas tan características.
- ESTARCIDO, unha técnica moi divertida. Só tedes que elaborar uns padróns, poñelos encima dunha cartolina e, coa axuda dun cepillo de dentes vello, salpicala de pintura. Mirade como queda:
- CERAS BRANDAS. Derretimos as ceras blandas primeiro con unhas velas e despois cun secador e este é o resultado: