venres, 26 de xuño de 2015

O noso Arte

Durante o curso, a clase de 4ºA, realizou diferentes actividades plásticas: 

  • ARTE ABSTRACTA, para que nos entendamos, eses debuxos que non parecen representar nada pero que en realidade expresan os sentimentos e emocións do artista. Kandinsky e Pollock son pintores abstractos.


  • PICASSO, gran pintor español. O seu arte pasou por varias etapas. No seu período rosa pintaba con cores cálidas e no seu período azul, pintaba con cores frías.


Sobre todo é moi coñecido polas súas obras cubistas nas que se sae do tradicinal usando formas, cores e perspectivas distintas da realidade.

 
  • GAUDÍ, outro gran artista español. Usaba unha técnica chamada "trencadís"; cubría algunhas das súas obras con pequenos trozos de restos de cerámica coma se fose un mosaico.

 
  
  • VAN GOGH, famoso polas súas pinturas impresionistas con as súas pinceladas tan características.

 

  • ESTARCIDO, unha técnica moi divertida. Só tedes que elaborar uns padróns, poñelos encima dunha cartolina e, coa axuda dun cepillo de dentes vello, salpicala de pintura. Mirade como queda:

 

  • CERAS BRANDAS. Derretimos as ceras blandas primeiro con unhas velas e despois cun secador e este é o resultado:
  

1 comentario:

  1. Gustoume moito facer a arte "Abstracta" pero amén gustarme mojito faltar de mojitos pintores famosos como: Picasso,Gaudi,Van Gogh... ^_^ :-)

    ResponderEliminar